José Luís Garrido, gañador da IV Semana de Ouro do Albariño
José Luís Garrido, socio do club Chan do Fento, conquistou onte a folla de prata, o premio para o gañador/a da IV edición da Semana de Ouro do Albariño. Logrouno con 67 golpes MedalPlay e tras 3 xornadas (luns, mércores…
La entrada José Luís Garrido, gañador da IV Semana de Ouro do Albariño se publicó primero en Chan Do Fento Golf Club.
José Luís Garrido, socio do club Chan do Fento, conquistou onte a folla de prata, o premio para o gañador/a da IV edición da Semana de Ouro do Albariño. Logrouno con 67 golpes MedalPlay e tras 3 xornadas (luns, mércores e venres) nas que acumulou 114 puntos para clasificarse á final gañada.
En segundo e terceiro lugar ficaron Alberto Verdes Canto e David Barreiro Pérez, respectivamente, cun resultado de 69 golpes MedalPlay cada un deles. Ambos os dous recibiron o rácimo de prata, premio para o segundo e o terceiro clasificado da modalidade hándicap.
Na modalidade Scratch, o vencedor foi Álvaro de la Cierva Carballo, cun resultado de 78 golpes (6 por riba do PAR), que recibirá o carro de prata do Consello Regulador das Rías Baixas.
Por parte dos convidados, foi Miguel Fernández Del Valle quen de levarse o televisor do patrocinador Electricidade Salvador Cores, por acadar o primeiro posto deste grupo de xogadores convidados polos patrocinadores da IV edición da Semana de Ouro.
Ademáis, na xornada final, como destacaron varios xogadores, houbo un incidente que puidera ser gracioso, aínda que non tanto para quen sufríu as pésimas condicións da lagoa do 13. Lamentamos ao xogador/a afectado/a o sofrido e de seguro esixiremos formalmente de novo o arranxo das herbas das lagoas. Estas seguen moi descoidadas dende antes do confinamento, e semella que non hai auga debaixo, algo que non é doado de averiguar para aquelas persoas que non coñezan o campo, e ofrece unha moi mala imaxe do estado do campo a quen nos visita.
En fin, noraboas aos gañadores e, aos que non son usuarios deste campo, agardamos que poidan volver a desfrutar do noso campo de golf, pese a situación actual.
Vémonos na V Semana de Ouro do Albariño!!
A continuación deixamos a listaxe dos gañadores no sorteo:
La entrada José Luís Garrido, gañador da IV Semana de Ouro do Albariño se publicó primero en Chan Do Fento Golf Club.