Добавить новость
ru24.net
World News
Июнь
2024

Galicia regresa 18 anos despois ao podio do Campionato de España Sub-23 en liña grazas a Martín Rey

0
O corredor arousán conseguiu a medalla de bronce en San Lorenzo de El Escorial.
Desde que Serafín Martínez terminara terceiro no 2006, o podio na proba en liña do Campionato de España Sub-23 resistíaselle á Selección de Galicia. Esa longa seca cortouse este sábado na localidade madrileña de San Lorenzo de El Escorial, onde Martín Rey logrou a medalla de bronce. O ciclista vilagarcián rematou na parte final dos selectivos 160,8 quilómetros de percorrido o excelente traballo colectivo realizado polo combinado que dirixe Jacobo Ucha.

Despois de que na véspera Alejandro Paz asinara a quinta praza na proba contra o reloxo sub-23, a Selección de Breogán volveu brillar, esta vez cunha actuación coral. Tres representantes do 'oito' que presentou a Federación Ciclismo Galego entraron na escapada de 35 unidades que se consolidou como consecuencia dunha frenético arranque da carreira. Manuel Rodríguez, Alejandro Paz e Miguel Rodríguez formaron parte dun grupo que rapidamente situou a súa vantaxe sobre o pelotón nos dous minutos.

As catro voltas ao circuíto longo seleccionaron algo a fuga, que quedou reducido a pouco máis de 20 integrantes; mentres que o pelotón reducía a diferenza a 1’25”. Como apuntaban todas as previsións, a entrada nos dous xiros ao circuíto curto e as respectivas ascensións ao treito inicial do Alto de Abantos terminaron sendo os puntos nos que se resolveu a proba.

O primeiro paso polas ramplas de Abantos deixou en cabeza a once ciclistas, entre eles os galegos Alejandro Paz e Manuel Rodríguez. Dende o pelotón, Martín Rey saltou xunto a Hugo de la Calle (Asturias) e Pablo Carrascosa (Estremadura) coa intención de ir cazando os corredores intercalados e pensando en alcanzar a cabeza da carreira. Ese obxectivo acadárono dentro da última volta e a costa empedrada que conducía á liña de meta acabou exercendo de xuíza do campionato.

Hugo de la Calle amosouse como o máis forte nesa última subida e impúxose cuns segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, César Pérez, e o terceiro, Martín Rey. "Foi unha carreira de moitas emocións. Cando se marchou esa escapada non pensei que ao final ía estar metido na pelexa pola vitoria. Estou contento con resultado", sinalou o ciclista vilagarcián do Padronés - Cortizo, vencedor da última edición da Copa Galicia.

A 45" do gañador en San Lorenzo de El Escorial concluíu Manuel Rodríguez no posto décimo sétimo e por parte da Selección de Galicia tamén completaron o percorrido Alejandro Paz (23º) e Iván Belmonte (32º). Hugo Calvo, Miguel Rodríguez, Iván Saborido e Ricardo Buba abandonaron logo de traballar a prol dos seus compañeiros.

"Estiveron todos perfectos", sinala o seleccionador Jacobo Ucha, que fai partícipe deste éxito a todo o ciclismo galego: "Isto é un premio para os clubs, as escolas de ciclismo, os organizadores... todo o mundo que traballa arreo. Martín e todos os ciclistas veñen dende abaixo, correndo dende as categorías de menor idade. É unha medalla para que todos esteamos contentos e orgullosos".

Foto: Cedida FGC



Moscow.media
Частные объявления сегодня





Rss.plus
















Музыкальные новости




























Спорт в России и мире

Новости спорта


Новости тенниса